● A actuación conta cun orzamento total de 44.927 euros e escolléronse estas zonas por ser moi frecuentadas durante todo o ano, como o caso de Xaviña, ou na época estival no caso das praias.
O Concello de Camariñas iniciou as obras para instalar aseos accesibles na praia de Lingunde (Camariñas), na de Camelle e tamén no parque infantil e na igrexa de Xaviña.
Esta actuación, que conta cun orzamento de 44.927 euros, está financiada a través dunha subvención da Xunta de Galicia por valor de 40.434 euros, a cargo dos fondos Next GenerationEU a través do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia.
A instalación de aseos accesibles, adaptados para todas as persoas, ten o obxectivo de dar un servizo básico e necesario a todos os usuarios e usuarias, sen excepción. Escolléronse estas zonas por ser moi frecuentadas durante todo o ano, no caso de Xaviña, e na época estival no caso das praias de Camariñas e Camelle.