O concello de Ribeira segue avanzando na mellora dos servizos para a veciñanza e para as persoas visitantes con esta nova adxudicación que consiste na redacción do proxecto: “Plan Integral de Sinalización do Municipio”
No marco do Plan de Sustentabilidade Turística de Ribeira contémplase, entre as súas actuacións, a elaboración dun plan de sinalización integral que mellore a imaxe xeral da contorna e que transmita unha información clara, comprensible e veraz á veciñanza pero tamén ás persoas visitantes. Neste senso, actualmente non existe unha sinalización clara e definida que facilita ás persoas chegar a diversos puntos de interese do municipio, por iso se pretende mellorar a sinalización para que estea actualizada, comprensible e que ademais non xere un impacto visual negativo na contorna.
Dada a complexidade do proxecto a realizar e a especificidade do mesmo, ao requirir estudo detallado sobre o terreo, deberá ser redactado por técnicos especializados nesta materia polo cal se optou pola contratación dun servizo externo para a redacción do devandito Plan“.
Segundo os servizos municipais o municipio conta con 71 sinais de carácter turístico repartidas en diferentes puntos do territorio que presentan unha casuística moi diferente. O presente PSTD a través da actuación 14 representa unha oportunidade para reducir os elementos de sinalización mitigando o impacto visual actual e ao mesmo tempo impulsar a homologación da señalética turística no destino.
Por iso o Plan Integral de sinalización turística dos recursos do destino ten como obxectivos:
– Identificar os sinais existentes nos puntos de maior carga turística do municipio ata un máximo de 100 elementos.
– Analizar o estado de situación dos devanditas sinais segundo unha clasificación previa acorde á súa finalidade que pode ser direccional/normativa, turística, informativa de servizos básicos e publicitaria (de empresas privadas que operan no territorio). – Realizar unha proposta de intervención (segundo a situación de cada caso) para mellorar a sinalización existente de maneira integral diferenciando entre os elementos a retirar, a repoñer, unificar ou novos elementos a instalar.
A empresa encargada recompilará a información e documentación para o estudo, realizará o estudo de campo para ter o inventario e fará unha proposta de intervención para mellorar a sinalización contemplando para aqueles sinais que non sexan publicitarias (de empresas privadas) a unificación de sinais en tótems sempre que sexa oportuno, a reciclaxe ou recuperación de materiais sempre que sexa posible e aqueles sinais (especialmente de información de recursos turísticos) que deberían terse en conta para unha posible señalética intelixente mediante códigos QR.
A redacción de dito proxecto foi adxudicado á empresa Trivium Extratexias en Cultura e Turismo S.L. por un total de 11.979€ IVE incluido dos fondos adxudicados polo Plan de Sustentabilidade Turística de Ribeira no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea Next Generation EU dos cales restan 107.900€ para a montaxe da nova sinalización. A data límite de execución será o vindeiro 26 de outubro.