● Celebrarase o próximo 5 de outubro, de 9:30 a 14:00 horas, na sede de Mariñas Coruñesas, en Abegondo.
● A xornada será aberta e gratuíta, pero será necesario inscribirse a través da seguinte ligazón.
O vindeiro sábado, 5 de outubro, de 9:30 a 14:00 horas, a sede da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, en Abegondo, acollerá a IX xornada da iniciativa “Especie do ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas”, neste 2024 dedicada ao corvo mariño moñudo, gulosus aristotelis.
Organizada pola Reserva e en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, contará coa participación de expertos como Sergio París, David Álvarez, Atocha Ramos, Paulo Lago ou Cosme Damián Romay Cousido.
Trataranse temas como a distribución, poboación e movementos deste animal en Galicia; a súa mortalidade no Cantábrico; os microplásticos e outros residuos mariños aplicado ao caso deste animal ou as actuacións do MITECO en relación ao corvo mariño moñudo.
A xornada será completamente gratuíta, aberta ao público e será necesario inscrición previa, que se pode realizar na seguinte ligazón.