Friday 22 de November de 2024

Belén do Campo asiste á Ópera ‘L´elisir d´ amore’ dentro da tempada lírica da Coruña


A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu á ópera L´elisir d´amore de G.Donizetti coa Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos no Teatro Colón, organizada pola Asociación de Amigos da Ópera dentro da programación da Tempada Lírica.
Para dar vida a Adina actuou a soprano Ruth Iniesta, que chega á Coruña tras os éxitos cultivados nos últimos anos, sendo a última gañadora do premio Talia na categoría de Mellor Intérprete Feminina en Lírica. O rol de Nemorino foi interpretado por Ramón Vargas, que regresa á cidade herculina despois da súa única visita realizada en 2015 canto protagonizou un recital que foi aplaudido por crítica e público.