Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron o mediodía do 29 de setembro á extinción dun incendio nun quinto piso dun edificio de vivendas na Rúa Castelao da Serra de Outes.
Os ocupantes tiveron que ser evacuados, e a violencia das chamas deixou moitos danos no edificio, incluídas varias vivendas inhabitables.
Completaron o operativo o Ges Noia, a Garda Civil e a Policía Local.