Friday 22 de November de 2024

Éxito de participación na terceira edición das 21 Leguas, os 101 kilómetros de Narón


A celebración das 21 Leguas, os 101 kilómetros de Narón, foi nesta terceira edición un éxito de participación, con 950 persoas inscritas, e de público, animando aos marchadores e ciclistas ao seu paso polo percorrido. Ás 8:00 horas saían do paseo marítimo de Xuvia os participantes en bicicleta e unha hora máis tarde facíano os marchadores, todos eles para realizar un tramo que os levou pola zona do Couto, o paseo da Gándara, o Arsenal, a Armada, a zona de Doniños, e a Costa Ártabra ata Valdoviño para regresar de novo á meta, no paseo de Xuvia. Alí chegou en catro horas e vinte minutos Carlos Lamarque, ganador da modalidade ebike masculino nesta edición e que quedou segundo o pasado ano. Xa pola tarde, ás José Santiago Villar, que rematou o percorrido en menor de nove horas e que gañou as dúas anteriores edicións. Na categoría feminina, o primeiro premio en e-bike foi para Ana Castro, en menos de nove horas e media, e o da categoría absoluta de marchadores foi para Sonia Rubio, cun tempo por debaixo de sete horas.
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, desprazouse á zona de Xuvia para dar a saída aos participantes, xunto ao concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o de Seguridade Cidadá, José Oreona. Ao mediodía comenzaron a chegar a Xuvia os participantes en e-bike e MTB, que foron recibidos pola alcaldesa da cidade, que tamén visitou con Oreona o punto de control establecido en FIMO e puntos de avituallamento da proba. Xa pola tarde, sobre as 18:00 horas, foron chegando tamén os primeiros marchadores, que dispoñen de 24 horas para rematar o percorrido -os ciclistas tiñan 12 horas-, polo que algúns deles o farán ao longo da madrugada de mañá domingo.
Sobre as 19:30 horas procedeuse ao acto de entrega de premios, no que ademais da alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Deportes, Ibán Santalla -gañador do terceiro premio na modalidade e-bike-, participaron o presidente do club Narón 101 e director da proba, Óscar Somorrostro; a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; os concelleiros de Seguridade de Ferrol, Pamen Pieltain e Valdoviño, Sergio Saavedra e dúas representantes de Naturgy, Sabela Muñoz e Marta Peláez. Rapazas e rapaces da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, onde se realizaron as medallas desta proba, participaron tamén durante todo o día de hoxe na entrega das mesmas ao paso dos participantes polo arco de meta. Na categoría absoluta feminina de MTB a gañadora foi Rebeca Pérez e na masculina Santiago Rodríguez, se ben o premio Sénior masculino foi para Víctor Vidal. O listado completo dos premios entregados pode consultarse a través da web: www.emesports.es.
Rematado o acto a alcaldesa, Marián Ferreiro, agradeceu o labor desenvolvido polo Club Narón 101 e tamén “o intenso traballo realizado polo persoal voluntario, sanitarios, corpos e forzas de seguridade, Protección Civil e SPEIS de Narón e tamén polo apoio doutras administracións e empresas patrocinadoras, por confiar novamente nesta proba de ultrafondo que é xa todo un referente dentro e fóra da nosa cidade”. Tanto é así que participaron na mesma persoas procedentes de Asturias, Cataluña, Andalucía, Madrid, Canarias… e mesmo houbo representación de Noruega e Suíza, tal e como recordou Ferreiro.