Os bombeiros do parque Provincial de Carballo acudiron ao lugar do accidente ás 3:33 horas, onde xa se atopaba o persoal sanitario.
O coche atopábase volcado sobre o lateral esquerdo na cuneta. O condutor estaba consciente e orientado e non houbo máis coches implicados.
Tras unha inspección perimetral observouse que se trataba dun accidente dun turismo que se saíu da estrada por causas descoñecidas.
A labor realizada consistíu na estabilización do vehículo e a posterior excarcelación do condutor.
No operativo tamén participaron Garda Civil e o 061.