ESTABA PREVISTA A SÚA ELIMINACIÓN PERO FINALMENTE MANTIVÉRONSE
Ata catro especies alóctonas das que figuran no catálogo de especies invasoras ocupan importantes espazos nas marxes do denominado Rego de San Pedro.
Dous tipos de acacias -a chamada falsa acacia e a acacia negra-, canas e eucaliptos pódese observar con toda claridade no novo paseo, á altura do aparcamento.
“Estamos a falar dun proxecto municipal supervisado polos técnicos do concello e inaugurado aos catro ventos onde non se observa nin a propia normativa municipal nin ningunha outra”, lamentou a Portavoz Popular Loli Silva.
“É o eterno fai o que digo non o que fago, que nos leva a lembrar os plumachos na leira do Alcalde e agora estas especies invasoras nas leiras municipais”, engadiu .
O Partido Popular preguntará por escrito ao Alcalde a que se debe que permanezan ditas especies na zona e a que espera para eliminalas.