O executivo segue sen convocar as comisións Informativas de seguridade e servizos sociais e sen iniciar os trámites para a creación do CIM un ano despois de acordarse .
Nos últimos meses, a localidade de Sada experimentou un preocupante aumento na delincuencia, incluíndo roubos, agresións e actos vandálicos.
Un exemplo, é a situación que estan vivindo veciños das casas dos pescadores en Fontán, algúns atemorizados desde hai tempo polas contínuas pelexas e escándalos ,día e noite, ao redor dunha vivenda da urbanización.
O persoal policial ha diminuído significativamente de 23 a 12 axentes en activo nos últimos 20 anos ( actualmente dous de baixa), e espérase que o número se reduza aínda máis ao querer irse algúns axentes para traballar a outros concellos con mellores condicións laborais. deixando á cidade con só 10 policías. Esta falta de persoal levou á eliminación do servizo nocturno da policía, exacerbando a inseguridade.
A pesar das solicitudes urxentes do Partido Popular para convocar a Comisión Informativa Especial sobre Seguridade Cidadá, acordo plenario a iniciativa dos populares, o alcalde e a concelleira de seguridade, Pilar Taibo, pospuxeron indefinidamente calquera acción respecto diso , ” ata que o consideren oportuno “,sinalou este xoves, no pleno, a señora Taibo.
“Esta inacción xerou unha crecente preocupación entre os residentes e o tecido asociativo local, quen demanda unha resposta inmediata aos problemas de seguridade.” Afirma a portavoz do grupo municipal do Partido Popular Esperanza Arias.
Ademais dos problemas de seguridade, Sada carece dun Centro de Información á Muller (CIM), unha institución esencial para promover a igualdade de xénero e ofrecer apoio a mulleres e colectivos LGBT+. A pesar de ser a súa creación un compromiso por acordo plenario, tras unha moción solicitándoo o Grupo Municipal do Partido Popular ( xa hai un ano) e tras reiteradas reclamacienes nos plenos do concello, aínda non se iniciou ningún proceso para a súa creación.
“#Ante a pregunta de se se iniciou algún trámite para conseguir este recurso, a resposta é un tallante ” Non”, pleno a pleno, sen máis explicación.” comenta Arias.
O CIM proporcionaría servizos de atención psicolóxica, asesoramento legal e orientación laboral, accesibles a toda a comunidade de Sada. Actualmente, o CIM que dá servizo a este concello atópase en Coirós, o cal limita o acceso a estes servizos para os residentes de Sada.
” A Creación dun CIM en Sada, a mellora da Seguridade Cidadá e a convocatoria de Comisións Informativas de seguridade e servizos sociais de maneira regular para abordar os problemas urxentes da comunidade, son accións esenciais para mellorar a calidade de vida en Sada e garantir unha comunidade máis segura e equitativa.” conclúe a concelleira popular.