O LAMENTABLE ESTADO DA REDE COMPROMETE TODOS Os ELECTRODOMÉSTICOS QUE UTILIZAN AUGA, ESPECIALMENTE Os TERMOS ELÉCTRICOS
A obsoleta Rede de auga do municipio está “a rebentar” por todas partes, dando lugar a que se introduzan lodos e areas no circuíto doméstico de canos, afectando os electrodomésticos e demais aparellos que precisan servirse de auga da traída.
“É un desastre. Hai casos de substitución ou retirada de aparellos seminuevos ou con moi pouco uso. Un veciño tivo que cambiar catro veces o seu termo en seis anos”, explicou a portavoz popular Loli Silva.
O Partido Popular de Oleiros leva anos esixindo ao concello a renovación da rede de auga sen que o goberno de Alternativa tomase medida algunha, preferindo investir en obras máis tanxibles, máis visibles e vendibles, como o auditorio.
“Auga da billa turbia, restos de lodos en electrodomésticos, picos de presión nas tubaxes interiores que provocan humidades e custosas obras de reparación. Todo o que se refire ao sistema de auga e rede de sumidoiros no municipio é un desastre”, lamentou Loli Silva.
“Recomendamos aos veciños a instalación de limitadores de presión e filtros nas súas enganches á rede de auga e que ademais revisen ou fagan seguimento do estado dos seus electrodomésticos se queren evitar gastos e desgustos” engadiu.