Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Cariño vese obrigado a pospoñer a actuación ‘Conto-Concerto’ por unha reforma eléctrica na Casa da Cultura


• A inesperada intervención deixa temporalmente sen subministración eléctrica ao edificio, o que obrigou a cancelar o espectáculo.

• O concerto, que terá unha nova data, estaba programado para o sábado 27 de setembro.

O Concello de Cariño viuse obrigado a pospoñer a actuación ‘Conto-Concerto’, programada para este sábado 27 de setembro, por culpa dunha inesperada reforma eléctrica na Casa da Cultura municipal, lugar onde se ía a celebrar.

A obra, na que se está realizando unha reforma da instalación eléctrica para aumentar a potencia, deixou temporalmente sen subministración eléctrica ao edificio, polo que o goberno local liderado por Ana María López viuse obrigado a cancelar o espectáculo. Con todo, o concerto a cargo do artista Xoán Curiel contará cunha nova data no Concello que será anunciada proximamente.

A alcaldesa do municipio explicou que “este contratempo de última hora impide que podamos celebrar a actuación tal e como estaba previsto, pero esperamos anunciar unha nova data tan pronto como sexa posible”. Na mesma liña, a rexedora tamén quixo trasladas as súas desculpas “polas posibles molestias ocasionadas aos veciños e veciñas do Concello”.