Monday 25 de November de 2024

Abegondo licita por 647.000 euros ao ano o seu servizo de axuda no fogar


• A contratación supoñerá a prestación anual de 26.500 horas

O Concello de Abegondo licita un dos principais servizos no ámbito social: a axuda no fogar. O orzamento da contratación, actualmente aberta, ascende a 647.660 euros ao ano, o que supón un incremento do prezo por hora ata os 24,40 euros, garantindo así que o equipo de traballo dispoña de boas condicións para a execución do servizo.

A prestación será de 26.500 horas anuais, entre atención á dependencia e libre concorrencia. No primeiro caso incluirá tamén os festivos e fins de semana.

O servizo ofrecerá atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, así como nas necesidades carácter doméstico e de vivenda. O Concello tamén contará con asistencia de carácter psicosocial e educativo.

Para a valoración das ofertas, terase en conta que as empresas licitadoras ofrezan melloras nas axudas técnicas, como a disposición de elementos como guindastres, cadeiras de rodas, andadores etc.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, destaca que a axuda no fogar “é dous servizos máis esenciais e por iso puxemos énfase en conquerilo en condicións de calidade”. Apunta que que se redobraron esforzos para que os veciños teñan unha atención que se axuste perfectamente a sús necesidades cotiás.

A contratación estará aberta ata o 7 de outubro.