Friday 22 de November de 2024

Cariño despide o mes de setembro co espectáculo musical ‘Conto-Concerto’ este sábado


• Será na Casa da Cultura do Concello a partir das 18:30 horas.

• O concerto, a cargo de Xoán Curiel, terá entrada gratuíta e está orientado ao público infantil.

O Concello de Cariño poñerá o broche ao mes de setembro e ao verán co espectáculo musical ‘Conto-Concerto’, que se celebrará este sábado día 28 na Casa da Cultura municipal a partir das 18:30 horas. A actuación está orientada ao público infantil e terá entrada gratuíta ata completar aforo.

‘Conto-Concerto’ é un espectáculo musical e teatral a cargo do artista Xoán Curiel, que propón un enxeñoso formato que empeza cun relato sobre como empezou a coñecer e a conectar coa música e termina transformándose nun concerto. Xéneros como o pop, o rock, o reggae, o funky ou a música tradicional mestúranse nunha experiencia participativa e refrescante baseada no libro-disco ‘Estamos non verán!!!’, que fará espertar a imaxinación dos nenos e nenas e convidaraos a redescubrir a música.
Con esta actuación, que forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña, o Concello de Cariño poñerá o punto e final ás actuacións culturais celebradas durante os meses de verán.