Este xoves 26 de setembro celebrouse ás 20:00h na Casa Charry un pleno municipal que tivo como puntos do día a aprobación do plan Parcial para o sector da Ferrala (Santa Cruz-Liáns), da Ordenanza de Medidas pola Inclusión Social ademais da aprobación do cambio de uso dotacional da parcela onde se localiza o Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros; entre outros.
O Plenario de Oleiros aprobou Plan parcial SUND-30 para o desenvolvento do sector de solo urbanizable non de limitado na Ferrala (Liáns). Este Plan, desenvolto en 21.172m² entre as rúas Seixebra e Tileiros prevé unha edificabilidade de 4.234m²(0,20 m2/m2) para un máximo de 29 vivendas (14 viv./ha.) ademais contemplar usos terciarios e dotacionais como compatibles.
Por outra banda, resolvéronse as alegacións presentadas e aprobouse definitivamente a “Ordenanza de Medidas pola Inclusión Social do Concello de Oleiros” ademáis de aprobar o cambio de uso dotacional (equipamento) da parcela onde se localiza o Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Xunta de Galicia en Oleiros; entre outros asuntos.