O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 26 de setembro, a partir das 19.00 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:
1. Dar conta de decretos da Alcaldía e asuntos varios.
2. Aprobación inicial da modificación do Regulamento Orgánico Municipal do Concello da Pobra do Caramiñal (ROM). Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).
3. Aprobación provisional da modificación da ordenanza fiscal nº3 reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Aprobada por unanimidade.
4. Moción do grupo municipal do PP relativa á construción dun parque infantil público, a reparación da pista deportiva da Granxa na parroquia de Santa Cruz e a construción de beirarrúas. Denegada ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).
5. Moción do grupo municipal de Nós Pobra en apoio á ILP para a derrogación da Lei 19/2013 do 12 de novembro, a cal regula a tauromaquia como patrimonio cultural. Aprobada con 6 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE), 3 en contra (3 edís do PP) e 4 abstencións (VIxP e outras 3 edís do PP).
Deseguido debatéronse conxuntamente os puntos 6 e 10 por versar sobre a mesma cuestión, ós cales o PP presentou emenda que quedou denegada ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).
6. Moción do grupo municipal do PSdeG en relación á suba do canon que os concellos abonan a Sogama pola xestión dos seus residuos. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).
10. Moción do grupo municipal do BNG relativa ao anuncio da Xunta de Galiza do incremento do canon de Sogama para 2025. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).
7. Moción do grupo municipal do PP relativa á continuación da rexeneración da praia dos Areos. Denegada ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).
8. Moción do grupo municipal do PP relativa á proliferación de roedores no municipio. Denegada ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).
9. Moción do grupo municipal do PP en defensa dun sistema de financiamento xusto e solidario entre as comunidades e cidades autónomas. Denegada ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).
11. Rogos e preguntas.
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.