Os nenos e nenas inscritos nas actividades de conciliación celebraron esta mañá un concurso de disfraces onde non faltaron bailes, xogos e moita diversión. A concelleira Ana Soneira non se quixo perder a cita, na que exerceu de xurado xunto con outros membros. Tras unha difícil deliberación o primeiro premio recaíu na fantasía ‘A cabaza’, quedando o ‘Policía’ e o ‘Coelliño’ en segundo e terceiro lugar respectivamente. Con esta xornada o Concello de Ordes da por concluídas as actividades de conciliación organizadas de cara ás vacacións escolares de Entroido. Unha actividade desenvolvida conxuntamente coa escola ConTalento e que contou coa financiación da Deputación da Coruña.