No día de onte, mércores 25 de setembro, tivo lugar a presentación oficial do III Slalom Concello das Somozas.
Ao evento asistiron o alcalde, Juan Alonso Tembrás; o primeiro tenente alcalde, Manuel Pico Hermida; a concelleira de deportes, Ilda Pita Castro e por parte da FGA o vicepresidente e membro da Escudería Moeche, Moisés García Fernández.
Durante a mesma recalcáronse as medidas de seguridades e de organización que repite o formato do 2023.
Desde o Concello das Somozas agardamos un evento do agrado do público e un éxito a nivel organizativo do que forma parte este Concello como en pasadas edicións.