Os bombeiros do parque Provincial das Pontes participaron pasadas as 22:00 horas de onte nun operativo ocasionado por un accidente de tráfico acontecido na AC-123, ao seu paso polo concello de Mugardos, que se saldou con dúas persoas falecidas.
O operativo despregado polos bombeiros do parque provincial consistiu na colaboración en tarefas de salvamento co resto de corpos de seguridade desprazados á incidencia.
No accidente, provocado por unha colisión frontal entre dous vehículos, víronse implicados un total de tres turismos.