Friday 22 de November de 2024

Oleiros acada a categoría de membro de ouro no programa de praias sen fume


A rede galega de praias sen fume promovida polo Programa de Promoción Vida sen Tabaco da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade outorgou ao Concello de Oleiros a calidade de categoría OURO por ter declaradas todas as praias oleirenses sen fume.

O Concello de Oleiros ven de recibir un novo recoñecemento da man da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta Galicia polas praias sen fume.

A rede galega de praias sen fume promovida polo Programa de Promoción da Vida sen tabaco outorgou ao Concello de Oleiros en calidade de membro de categoría de ouro por ter declaradas todas as praias do municipio “praias sen fume”.