Hoxe presentouse este novo concurso de Instagram da man da concellería de Xuventude que consiste nun reto en facer a tinta, un debuxo diario durante o mes de outubro. Cada día, haberá unha palabra sobre a que ten que versar o debuxo.
A concelleira, Antía Alberte animou a toda a mocidade a participar e informou que o seguinte reto de debuxo está baseado no “InkTober”, que se pode facer de xeito exclusivo na rede social Instagram; “o concurso invita aos valores da constancia e á perseveranza e non vai adicado a persoas que debuxen ben, simplemente expresar o que a palabra do día pode evocar en debuxo” engadiu Antía.
A concelleira indicou que “este mércores, 25 de setembro pola tarde en Instagram, desvelaremos a listaxe das palabras para que as mozas e mozos interesados vaiades preparando os materiais”
Para que o debuxo teña validez, se ten que etiquetar a Xuventude Ribeira (@xuventude_ribeira) e empregar os hastags #tintubroderibeira e #xuventuderibeira ademais de ter a conta de instagram pública durante este período. O sorteo realizarase na semana posterior ao reto e contactarase cos premiados pola dita rede social.
Pode participar toda a mocidade de Ribeira que teña entre 14 e 30 anos, con coñecementos ou non sobre o debuxo. O obxectivo non é a calidade, senón conseguilo reto de facer un debuxo diario durante o mes de outubro.
Farase un sorteo entre toda a mocidade que conseguira o reto. Haberá 3 agasallos de 75 € cada un, en material de debuxo a mercar no comercio local de Ribeira.
Farase unha exposición na Casa da Xuventude cunha escolma dos debuxos da mocidade participante que conseguira O RETO