Onte comezou en Naraío o primeiro encontro do programa “Aloumiños” promovido polo Colexio de Educación Social de Galicia coa colaboración do SERGAS e do Ministerio de Sanidade.
“Aloumiños” busca favorecer as relacións sociais no rural como maneira de, reforzar a comunidade, combater a soidade e contribuír á mellora da saúde do corpo e da cabeza. Neste sentido, ao longo do mes de outubro desenvolveranse distintas actividades definidas polas propias persoas participantes e coordinadas por unha educadora social.
A segunda xuntanza do proxecto terá lugar no local social de Santa Mariña do Monte hoxe ás 17:00h. Mañá xoves tocaralle, á mesma hora, á parroquia de Lamas.