Saturday 16 de November de 2024

Presentación da undécima edición do concurso de poesía Albariza


Organizado polo Centro Recreativo de Artes e o Concello de Ribeira a través da súa área de Cultura o xa tradicional concurso chega a súa undécima edición ca mesma ilusión que a primeira.

Ao acto de presentación non faltou a concelleira de Cultura, Antía Alberte xunto con Manuel Reiriz, presidente do Centro Recreativo de Artes, Naima El Gargari, da parte directiva do centro e o técnico de cultura, Unai González.

Poderán participar no concurso todas as persoas que presenten as súas obras en lingua galega. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa extensión, sen sinatura nin sinal ningún que denuncie a súa procedencia.

Alberte abriu o acto felicitando aos representantes do centro recreativo por chegar a está undécima edición, tamén matizou que “que é un valor incentivar a arte da escrita, tan persoal, tan subxectiva como pode ser a poesía, tan libre ao final; porque é un eido que nos expande máis alá da narrativa, permítenos xogar ca lingua” finalizou agradecendo a Reiriz por continuar con esta idea, e endadiu que o concello o ano pasado tomou as rendas de facelo conxuntamente e como concelleira de Cultura se comprometeu a súa continuidade.

Reiriz anunciou que a nova xerente do C.R.A. vai ser Naima que se encargará da coordinación desta undécima edición e agradeceu o labor que desempeñan no certame Alicia Padín xunto con Unai González e á concelleira de Cultura e máis o concello de Ribeira. Manuel Reiriz anunciou que deixa a presidencia do centro na próxima asemblea despois de 40 anos.

O prazo de admisión de orixinais rematará o 21 de outubro do 2024, ás 15:00 horas.
Entrega de premios nun acto a celebrar o domingo 10 de novembro, ás 17:00 h no C.R.A. ca actuación da rondalla “Os Trovadores de Ares” máis un ágape para os asistentes, ao remate.