Saturday 16 de November de 2024

Unha persoa resulta ferida logo de quedar atrapada por un motocultor na parroquia de Leiloio, no concello de Malpica de Bergantiños


Os bombeiros do parque Provincial de Carballo foron alertados pasadas as 17:15 horas de onte, 24 de setembro, dunha incidencia na que unha persoa quedou atrapada polo motocultor que operaba no lugar de Pedrosa, na parroquia de Leiloio, no concello de Malpica de Bergantiños.

A persoa, resultou ferida nas extremidades inferiores debido aos cortes ocasionados polas cotas do motocultor. O operativo despregado polos bombeiros consistiu na retirada das cotas e na liberación da persoa de debaixo do motocultor.

No operativo tamén participaron a Policía Local de Malpica, o 061 de Carballo, GES de Ponteceso, Protección Civil de Malpica e Garda Civil.