Friday 22 de November de 2024

Campaña de doazón de voz en Ribeira


O vindeiro 3 de outubro o Proxecto Nós de Intelixencia Artificial chega a Ribeira para que toda a veciñanza colaboremos gravando a nosa voz para facer medrar o modelo en lingua galega e que a IA fale na nosa lingua.
Ao longo de todo o día un grupo de persoas expertas da USC estarán agardando por nós na Aula CEMIT (Cubeliños, 20) para amosarnos como gravar a nosa voz de xeito que contribuamos a que o galego siga o tren da contemporaneidade trasladándose a asistentes intelixentes, ordenadores, teléfonos móbiles…
Desde a Alcaldía animámosvos a participar nun proxecto tan importante coma este para o futuro da nosa lingua, só é preciso que vos poñades en contacto co Servizo de Normalización Lingüística (normalizacion@ribeira.gal; 981835650) para cadrar as horas nas que ir á Aula CEMIT, e evitar así agardas.
Campaña de gravación de voz. Proxecto Nós de Intelixencia Artificial
Lugar: Aula CEMIT de Ribeira (Cubeliño, 20)
Data: 3/10/2024, xoves
Horario: de 10 a 14 e de 16 a 21 h
A intelixencia artificial vai falar galego coa nosa colaboración!