Hoxe presentáronse as II Xornadas “Muller e Saúde” convocadas pola Escola Galega de Saúde mediante o Centro de Información á Muller de Ribeira (CIM) que constan de catro sesións que se levarán a cabo durante o mes de outubro e que serán impartidas por especialistas en cada materia co obxectivo de:
● Ofertar formación e información de saúde con perspectiva de xénero.
● Promocionar a saúde mental e emocional das mulleres e aumentar a súa calidade de vida.
● Facilitar ferramentas para que as mulleres sexan suxeitos activos respecto da súa propia saúde mental e emocional.
● Aumentar os vínculos sociais das mulleres participantes, potenciando a súa autoestima e seguridade persoal.
● Contribuír ao coñecemento e aproveitamento dos activos para a saúde mental e emocional existentes.
Ao acto de presentación acudiron, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, a directora do CIM, Dolores Crujeiras e a técnica de Igualdade, Paloma Seijo que compareceron para explicar os contidos das catro sesións que se van a levar a cabo no Centro Cultural Lustres Rivas.
Persoas destinatarias
Preferentemente para mulleres pero non están excluídos os homes que teñan interese nestas problemáticas
Programa docente:
Sesión 1 “A saúde mental das mulleres. Mitos e ideas erróneas”
Data: 4 de outubro
Imparte: Ángeles Pazos Sieira – Psicóloga do CIM de Ribeira
Contidos:
O xénero como determinante da saúde mental.
Factores que inflúen na saúde mental das mulleres.
Relación entre condicións de vida e saúde mental.
Mitos e ideas erróneas sobre a saúde mental das mulleres.
Sesión 2 “A ansiedade e a depresión nas mulleres”
Data: 11 de outubro
Imparte: Iria Veiga Ramos – Facultativo especialista en Psiquiatría da Área Sanitaria de Santiago Contidos: A depresión e a ansiedade nas mulleres.
Recoñecer a depresión e a ansiedade.
Atopar axuda.
Claves e ferramentas para mellorar o benestar.
Sesión 3 “Os trastornos da alimentación”
Data: 18 de outubro
Imparte: Ana María Rodríguez Estévez – Psicóloga sanitaria Contidos:
Que son os trastornos da alimentación.
A imaxe corporal das nenas, mozas e mulleres. As redes sociais e a imaxe.
Prevención dos TCA.
Sesión 4 “O auto-coidado emocional das mulleres” Data: 25 de outubro
Imparte: Jessica Rodríguez Czaplicki – Psicóloga Contidos:
Que se entende por benestar emocional.
Formas de sentir.
Mensaxes para o benestar.
Técnicas de auto-coidado emocional.
Lugar de celebración
Centro Cultural Lustres Rivas.
Horario: de 18:00 a 21:00 horas
Inscricións:
No seguinte enlace: https://forms.gle/wYYKY3J1c94hsz1E9 No correo electrónico: ribeiradinonvx@ribeira.gal web: ribeira.gal
Teléfono ou wasap: 682 684 288 – Pax: 25 persoas