Friday 22 de November de 2024

Obradoiro de teatro para público adulto e adolescentes


Coa finalidade de fomentar a participación dos cidadáns na cultura e, en concreto, no teatro, promocionando a formación e a creación teatral de afeccionados neste ámbito artístico, o Concello de Carballo organiza unha actividade formativa que consiste nun obradoiro de teatro no que se prepararán pequenas obras ou accións de creación dramática complementarias a actividades da Concellaría de Cultura para programas como o entroido ou programa das Letras. O obradoiro comezará no mes de setembro de 2024 e está previsto a súa continuidade ata o mes de xuño de 2025.

1. Características das actividades ofertadas: A actividade inclúe dous grupos de alumnos con idades diferentes, un para adultos a partir de 18 anos, e outro para adolescentes a partir de 16 anos.
De non cubrirse as prazas suficientes nalgún dos grupos ofertados, poderán reestructurarse de maneira distinta.
O programa de actividades propostos incluirá dúas partes: un obradoiro de creación teatral, do que formarán parte todas as persoas inscritas nos grupos, onde se traballarán tanto propostas xeradas polo propio alumnado como propostas solicitadas polo Servizo de cultura para participar dentro das programacións culturais que se desenvolven ao longo do ano.

2. Datas, horarios, lugar das clases: As clases terán lugar no Pazo da Cultura con periocidade semanal en horario de tarde, organizadas en dous grupos, según diferentes idades, nos que haberá ensaios de obradoiros de teatro e de preparación dun espectáculo en equipo.

Ocasionalmente, por cuestión de organización e necesidades da aula, os días de ensaio poderán modificarse previo acordo cos participantes.

3. Nº de prazas: Máximo 24 prazas (12 prazas cada grupo), divididos en 2 grupos, un de adultos e outro de adolescentes.

4. Destinatarios: adultos a partir de 18 anos e adolescentes a partir de 16 anos.

5. Inscrición: de balde

6. Prazo de inscrición: 10 días naturais contados a partir da súa aprobación e publicación en redes sociais do Concello de Carballo e medios de comunicación. No caso de que pasados os prazo de inscrición, non se completen as prazas, poderá inscribirse ata o momento no que se completen.

7. Lugar de inscrición: no rexistro do Concello de Carballo

8. Criterios de selección: PARA O GRUPO DE ADULTOS co obxecto de darlle continuidade a anteriores actividades formativas, e, en primeiro lugar terán preferencia os participantes na anterior convocatoria e, en segundo lugar, considerarase a orde de inscrición.
No caso do GRUPO PARA ADOLESCENTES considerarase a orde de inscrición.
En ambos casos, coas persoas non admitidas elaborarase unha lista de suplentes que aos que se convocara para cubrir posibles baixas.
Ademais da orde de inscrición, en función das necesidades dos proxectos que se estén realizando para a selección dos suplentes poderán terse en conta as características persoais dos mesmos que a dirección da aula xustifique como necesarios.

9. Obrigas dos participantes: Asistir con regularidade e puntualidade ás sesións dos obradoiros e participar, como mínimo, en dúas actividades de intervención teatral propostas pola Concellaría de Cultura (Enterro da Sardiña, Programa das Letras, FIOT, programa de animación infantil,…).