O Concello de Ordes celebrou unha festa moi, moi especial para os nenos e nenas do municipio. A ‘Tarde de Entroidada’ congregou a centenares de persoas no pavillón Campomaior, onde lles agardaban animacións; personaxes de fantasía; obradoiros de máscaras, complementos, maquillaxe, chapas etc é máquinas de flocos onde os máis tragóns puideron comer ata fartarse. Todos e todas o pasaron en grande. Aínda que o tempo non acompañou para poder desenvolver a cita na Alameda, tal e como se tiña pensado nun principio, a mascarada non desmereceu nin defraudou a ninguén. Entre os asistentes non faltaron moitos dos conelleiros do equipo de Goberno, ademais do alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo.
Tras esta xornada Ordes prepárase para vivir o seu día grande desta época do ano. O sábado de piñata transormará esta vindeira fin de semana as principais rúas de Ordes nunha pasarela, na que se lucirán todas e todos os participantes do concurso de disfraces. A cuantía dos premios que se entregarán ese día ascende a 4.000 €.