O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, fixo entrega dos trofeos da proba na praza de María Pita
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou este domingo na entrega de trofeos do oitavo Ecorallye A Coruña, que se celebrou entre o venres e este domingo en 31 concello da provincia, sendo a praza de María Pita o punto de partida e de final da proba. Nesta edición participaron 50 equipos nas categorías FIA, Campionato de España e Trofeo Cidade da Coruña.
Tras as diferentes etapas, Eneko Conde, Francisco Javier Hernández, Jesús Álberto Arronte e Alfredo Barcena foron os pilotos gañadores. Conde gañou a Bridgestone FIA Eco Rallye Cup e o Campionato de España de Enerxías Alternativas no apartado de vehículos eléctricos; Hernández gañou o Campionato de España na categoría de vehículos híbridos enchufables; Arronte, na categoría de híbridos; e Barcena gañou o Trofeo Cidade da Coruña. O concelleiro Manuel Vázquez amosou a súa satisfacción polo gran espectáculo amosado esta fin de semana polos diferentes participantes. Así mesmo, destacou que o Goberno de Inés Rey continúa a promover diferentes competicións automovilísticas de primeiro nivel, como é o caso deste Ecorallye A Coruña.
Esta edición contou con numerosos pilotos recoñecidos, como campión do mundo da especialidade, así como participantes da talla do propio Eneko Conde, Fran Gómez Pallas ou o actos Juan Echanove.