Monday 25 de November de 2024

A Xunta pon en marcha o consello social do Centro de Orientación, Emprendemento, acompañamento e Innovación, con representación empresarial e sindical


O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron este venres no acto de constitución do Consello Social do futuro Centro de Orientación, Emprendemento e Innovación para o Emprego de Galicia (COE-Galicia). A través deste órgano – que conta coa participación institucional das organizacións sindicais e empresariais más representativas- a Xunta impulsa a colaboración dos diferentes axentes sociais para que o COE contribúa eficazmente ao desenvolvemento económico e emprendedor da Comunidade.
O centro entrará en funcionamento proximamente, co fin de coordinar todas as actividades relacionadas coa orientación laboral, co emprendemento e coa innovación, incluída a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que conta con 14 centros abertos actualmente en todo o territorio. Con sede na Coruña, disporá de persoal cualificado para a orientación, asesoramento e acompañamento das persoas interesadas en desenvolver e levar a cabo os seus proxectos de emprendemento a través de fórmulas como a economía social e o micro-emprendemento. Así mesmo, estará dotado de todos os espazos necesarios para a correcta consecución dos obxectivos marcados.