Friday 22 de November de 2024

O Concello colaborará na celebración do Ano das Irmandades da Fala


O alcalde recibiu hoxe ao secretario de ORA Galega, Carlos Quiroga, e ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, para falar da celebración do Ano das Irmandades da Fala. Martiño Noriega compremeteu a participación do Concello nestes actos, que chegarán a Compostela no mes de xullo, coincidindo coas festas do Apóstolo.

O secretario de ORA Galega, Carlos Quiroga, explicou que o programa definitivo aínda está pendente de pechar. As celebracións arrancarán o 21 de maio na Coruña, e prolongaranse ata xullo. Xa está confirmado que haberá unha exposición itinerante, nun autobús de dous andares, que repasará a historia das Irmandades da Fala. Nas vilas ás que chegue á mostra, celebraranse actividades paralelas, como concertos.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística expresou o seu desexo de que “o Ano das Irmandades, declarado polo Parlamento, faga de 2016 o ano da reivindicación da lingua e do que significa para o pobo galego”.