Friday 22 de November de 2024

A Xunta leva o mellor sabor das rías galegas ata a Romaría de San Mateo en Trazo coa campaña de Galicia Sabe Amar


A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada pola alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, visitou a foodtruck da campaña

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada pola alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, visitou hoxe a foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR que se achegou ao concello coruñés de Trazo coincidindo coa celebración da romaría de San Mateo, onde enxalzou os produtos das rías galegas e instou a que sexan parte dunha dieta saudable e equilibrada que elevará a calidade de vida dos seus consumidores. A delegada da Xunta sinalou que a nova edición desta iniciativa, lanzada no pasado mes de agosto e impulsada pola Xunta de Galicia, reforza o apoio do Goberno galego á promoción dos produtos pesqueiros galegos, tamén nos municipios de interior da comunidade.
A representante do Goberno autonómico resaltou que o peixe, marisco e conservas son unhas fontes excepcionais de proteína cun importante impacto positivo na saúde da cidadanía. Ademais, recordou o peso da cadea mar-industria na economía de Galicia na que traballan ao redor de 50.000 persoas da comunidade e que representa entorno ao 5% do PIB autonómico.