Friday 22 de November de 2024

GMT de Ribeira actuou onte con rotundo éxito no novo auditorio municipal co sei espectáculo “Criaturas” dirixido por Oscar Romero.


Catrocentos espectadores gozaron durante a hora e media de función na que se sucederon “sketches” a cada un máis esperpéntico, sorprendente e divertido que cunha fluída e áxil interpretaciòn fixeron que a actuación pasara nun suspiro. Un sonoro e longo aplauso certificou o éxito.

A Concelleira de Cultura, Antía Alberte Maneiro e o xestor cultural, Unai González, parabenizaron ao grupo polo excelente resultado e anunciaron unha xira polos concellos da provincia a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña; actuarán en Melide, Porto do Son ou Rois, entre outras vilas. O GMTR tamén visitará Santiago co espectáculo “O Rei Telesforo busca noiva (e quere noivo)” o vindeiro 26 de outubro, na que será a última función desta peza.

Lembraron tamén que o vindeiro 27 de setembro comenzará a Mostra de Teatro con doce espectáculos ata o 20 de Nadal, para a que xa hai 400 bonos e algunhas entradas adquiridas a traves de Ataquilla.com e que os últimos bonos e entradas aínda se poden mercar por internet ou de xeito presencial na Casa do Concello e de quedar butacas libres, tamén haberá billeteira física con tarxeta bancaria no propio auditorio unha hora antes de cada espectáculo durante este ciclo teatral.

Felicidades a Ana, Anita, Ángeles, Bea, Carmen, Celia, Elena, Gemma, Gloria, Kica, Mariam, Manola, Manola Erola, Merchi, Nando, Loli, Loli Caderno, Sigrid, Tere e Oscar por este agasallo de función.