Thursday 21 de November de 2024

A segunda etapa do 8º Eco Rallye A Coruña chega a Betanzos coa totalidade de participantes


– A praza de María Pita foi escenario da saída da segunda etapa, na cal xa tomaron parte a totalidade de vehículos que participan na presente edición.

– Esta xornada, ademais de puntuable para o Campionato Bridgstone FIA Eco Rally Cup, servirá para decidir a Copa Kobe ECO 2024.

O 8º Eco Rallye A Coruña iniciou esta mañá a segunda etapa da súa oitava edición á que aos vehículos 100% eléctricos, que xa comezaron onte a súa andaina competitiva, sumaranse os híbridos e os híbridos enchufables.

Deste xeito, máis de 50 participantes percorrerán o traxecto desta segunda etapa, puntuable tanto para o Campionato Bridgestone FIA Eco Rally Cup como para a Copa Kobe ECO, que tras a cancelación do Eco Rallye Madrid terá na Coruña o broche final á súa segunda edición.

O primeiro dos dous reagrupamientos planeados para hoxe realizouse na icónica praza de Irmáns García Naveira, na cidade de Betanzos. Desde alí, os pilotos regresaron a Coruña, para partir desde as 16:30 cara a Carballo, onde esta tarde realizarán un novo agrupamento na praza do Concello.
A xornada vespertina pechará a segunda e última etapa do Eco Rally A Coruña, sendo mañá domingo o acto de entrega dos premios nas diferentes categorías desde as 13:30 horas na praza de María Pita.
Os resultados e a evolución da proba poden seguirse en directo a través da plataforma Sportity, na presente ligazón.