Friday 22 de November de 2024

O campo de Vista Alegre acollerá mañá mércores un torneo amistoso Sub 15 preparatoria para a selección coruñesa


A aliñación enfrentarase durante toda a tarde a equipos como o R.C. Deportivo de La Coruña, C.D. Lugo ou o R.C. Celta de Vigo. A entrada será de balde para todas e todos os que queiran asistir
Ordes 9 febreiro 2016. O campo de fútbol de Vista Alegre, no Concello de Ordes, acollerá mañá mércores 10 de febreiro un torneo amistoso no que participarán os equipos máis destacados sub 15 de toda Galicia, ademais de valer como rolda preparatoria para a selección coruñesa desta categoría.
A rolda de partidos dará comezo ás 16.45 horas co encontro entre a selección coruñesa e o R.C. Deportivo de La Coruña. Continuará ás 17.45 horas co R.C. Celta de Vigo – C.D. Lugo; 18.15h R.C. Deportivo de La Coruña – C.D. Lugo; 19h R.C. Celta de Vigo – selección coruñesa; 19.45h R.C. Celta de Vigo – R.C. Deportivo de La Coruña; 20.30h selección coruñesa – C.D. Lugo.
Afeccionados, afeccionadas e público en xeral están convidados a ver de balde todos estes partidos, nos que se verán enfrentados sobre o terreo de xogo os nomes propios máis destacados das canteiras dos principais equipos do cuadro galego.