• A Banda de onte, Broken Peach e DJ Toni Seijas conforman o cartel
O Concello de Abegondo celebra por segundo ano consecutivo o seu Festa Infinita. Será o vindeiro sábado 28 de setembro, na Leira As Quintás, na parroquia de Abegondo.
Nesta edición, o evento contará con tres actuacións: A Banda de onte, Broken Peach e o DJ Toni Seijas. Será a partir das 19.30 horas.
Ademais, o Concello dispoñerá de servizo de cantina e de food trucks no recinto.
A Festa Infinita foi concibida como o peche do verán e contará cun elenco concibido para todas as idades, cun punto nostálxico.
A Banda de onte aposta por música pop rock dos anos 80 e 90. Broken Peach presenta o seu primeiro traballo “Wellcome to Brokenland”, ademais de ofrecer as súas adaptacións de hits internacionais. E o DJ Tonei Seijas propoñerá unha sesión remember.