Friday 22 de November de 2024

Miño amplía a ordenanza de estacionamento para incluír as caravanas


● Esta decisión tomouse admitindo a alegación presentada á aprobación inicial pola Asociación A Peka, que reclamaba tamén a inclusión destes vehículos, ademais das autocaravanas e os tipo ‘camper’.

● Previo ao pleno ordinario, celebrouse outro extraordinario e urxente no que se aprobou, por unanimidade, a adhesión ao Fondo de Financiamento de Entidades Locais (FFEELL) Fondo de Ordenación 2025.

O Concello de Miño aprobou definitivamente, no pleno ordinario celebrado onte, a ordenanza que regula o estacionamento e pernoita de autocaravanas e vehículos tipo ‘camper’. Fíxoo cunha novidade importante: a inclusión das caravanas na súa normativa. Tras a súa aprobación inicial no pleno extraordinario do 13 de maio, esta actualización busca ampliar o ámbito de aplicación da normativa para abarcar tamén as caravanas, adaptándose ás necesidades dun turismo itinerante en crecemento no municipio.
Esta decisión tómase @teniendo en cuenta a alegación presentada á aprobación inicial pola Asociación A Peka, na que se solicitaba que se incluíse tamén ás caravanas, #cuestión que se recolle no novo.
O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, subliñou que esta modificación responde á intención de “mellorar a convivencia entre os distintos tipos de vehículos recreativos”, especialmente durante o período estival, cando Miño recibe unha maior afluencia de visitantes. Con esta ampliación, preténdese regular de maneira máis exhaustiva o uso dos espazos públicos, favorecendo unha distribución racional dos estacionamentos e garantindo que non se entorpeza o tráfico nin se poña en risco a seguridade viaria.
A ordenanza, que xa establece sancións de entre 300 e 6.000 euros para as infraccións, manterá estas medidas tamén para o incumprimento das novas normas referentes ás caravanas. Continúase prohibindo a ampliación do perímetro dos vehículos estacionados con elementos como mesas ou toldos, así como a vertedura de residuos na vía pública, co fin de asegurar unha correcta convivencia entre residentes e turistas.

Outros asuntos
No pleno se de onte, celebrado ás 20:00 horas, tamén tomou posesión a concelleira do PP Sagrario Pérez Díaz. Tamén se deu conta de diferentes temas, como a resolución de Alcaldía da aprobación da liquidación de gastos e ingresos do orzamento municipal no exercicio 2023; do resumo anual dos resultados do control interno realizado pola intervención durante o ano pasado; do informe do 1º e 2º trimestres do 2024 do período medio de pago a provedores; das resolucións de Alcaldía desde o 17 de xuño ao 8 de setembro e das actas da xunta de goberno local celebradas durante o verán.
Ademais, tamén se elevaron ao pleno os informes de reparo emitidos pola intervención municipal durante o exercicio do ano pasado.

Pleno extraordinario e urxente
Previo á sesión ordinaria, celebrouse outro pleno, extraordinario e urxente, cun único punto a tratar: a adhesión do Concello de Miño ao Fondo de Financiamento de Entidades Locais (FFEELL) Fondo de Ordenación 2025.
Esta cuestión permitirá ao Concello pedir un préstamo que rolda o millón de euros ao Ministerio de Facenda, diñeiro que se destinará ao pago do prezo xusto expropietario (que ascende a 552.895,08 euros de principal e uns 430.000,00 euros en materia de intereses) a diversos expropiados afectados polo proceso de expropiación forzosa do sector urbanizable residencial-deportivo Costa Miño.