Friday 22 de November de 2024

O Concello mellorará en outubro o asfaltado  da contorna do Coliseum 


A actuación, promovida polo Goberno de Inés Rey, busca mellorar os  accesos ao recinto municipal e á área comercial 

O Concello da Coruña iniciará na primeira quincena de  outubro traballos de asfaltado na contorna do Coliseum. Estas obras promovidas polo  Goberno de Inés Rey buscan mellorar os accesos a este recinto de múltiples usos municipal  e á área comercial contigua. 

Os traballos consistirán no asfaltado da rúa Francisco Pérez Carballo, que dá acceso ao  recinto desde a avenida García Sabell. Está previsto que se actúe nunha superficie total que  supera os 3.200 metros cadrados. O Goberno de Inés Rey decidiu priorizar estas tarefas de  asfaltado debido á súa deterioración e ante a gran carga de tráfico rodado que soportan. 

A actuación tamén busca acondicionar a contorna do Coliseum polo inicio da temporada do  Básquet Coruña, que se trasladou a este recinto municipal polo seu ascenso á liga ACB. Está  previsto que cada dúas semanas haxa unha asistencia dunhas 8.000 persoas ao recinto, polo  que o Goberno de Inés Rey busca mellorar a experiencia xeral da cidadanía, tanto fóra como  dentro do recinto.  

Este verán, ademais, acondicionouse o interior do Coliseum, instaláronse unhas  infraestruturas que converten o recinto nun dos mellores pavillóns de baloncesto do país.  Concretamente, instalouse un pavimento, canastras, sistema de xestión de partidos e equipo  audiovisual.