Sunday 24 de November de 2024

Veciños e veciñas de Restande (Trazo) celebran a tradicional Festa da Corrida do Galo


Centos de veciños e veciñas da parroquia de Restande (Trazo) celebraron este domingo a tradicional Festa da Corrida do Galo. Moitos deles acudiron ao campo da festa cos seus distintos disfraces e disfrutaron dunha gran festa de Entroido con xogos e moita diversión. Tamén houbo servizo de polbeira e a actuación do dúo musical “Alborada”.