Onte contorna ás 11 da mañá, as redes de fibra de distintos fogares de Ribeira deixaron de funcionar debido a un fallo de BRAS. As empresas provedoras comunícannos que actualmente este problema xa case esta emendado na súa totalidade e que o servizo está case totalmente recuperado e que ao longo do día de hoxe estará plenamente operativo. Este problema deriva dun fallo técnico e é totalmente alleo ao concello de Ribeira.
O BRAS é un gateway de acceso orientada a aplicacións de rede de banda ancha. Serve de ponte entre o acceso de banda ancha e as redes troncais, proporcionando métodos básicos de acceso e funcións de xestión para redes de acceso de banda ancha. Adoita funcionar como nodo central nunha rede de provedor de servizos da internet (ISP), permitindo aos usuarios conectarse a unha rede a través de distintos modos de acceso (como DSL, fibra óptica e satélite). Ademais, ofrece unha ampla gama de funcións, como autenticación, autorización, contabilidade e control do tráfico, para garantir a calidade e seguridade das conexións de rede. O BRAS é unha parte integral das topoloxías de banda ancha para xestionar o acceso dos abonados a Internet. Noutras palabras, é un punto de acceso para os usuarios do servizo a través do cal se conectan a unha rede de banda ancha.
En concreto o fallo de BRAS que se produciu provén da rede Orange que dá servizo a través das súas distintas caixas de fibra aos fogares e negocios de Ribeira, (podendo derivarse este fallo ás compañías que fagan uso da devandita caixa, xa sexan R, Toxo, MásMovil, Lowy, etc), ao non funcionar correctamente esta “ponte” producíase un fallo que non permitía que o servizo permitise autenticar ao cliente e, por tanto, non funcionase correctamente, actualmente este fallo está a ser emendado e en breve o servizo será restituído na súa totalidade.