– Os participantes na oitava proba da competición, que este ano debuta como carreira puntuable, pasaron durante a tarde de hoxe as pertinentes verificacións previas ao comezo da carreira.
– A presente edición contará coa participación de caras recoñecidas, como a do actual campión mundial, Michal Žďárský, a do piloto do Rally Dakar Fran Gómez Pallas e a do actor Juan Echanove, gañador de dous premios Goya.
O 8º Eco Rallye A Coruña ultima os preparativos para o seu arranque, mañá venres 20 de setembro, coas pertinentes verificacións técnicas e administrativas a través das cales, tanto participantes como vehículos, aseguraron hoxe a súa participación na que será a primeira edición puntuable para o Campionato Bridgestone FIA Eco Rally Cup.
Deste xeito, os máis de 50 participantes na carreira tramitaron ao longo desta tarde as súas verificacións
administrativas no hotel NH #Finisterre e as técnicas na praza de María Pita. A través destes requirimentos aseguraron a súa participación na competición, que dará inicio mañá coa saída da primeira etapa desde a praza de María Pita ás 11:30 horas.
A proba, que se celebra desde mañá venres e ata o domingo, percorrerá 31 municipios, un terzo dos que integran a provincia, e terá a súa base na praza de María Pita. Mañá, a praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, será un dos puntos de reagrupamiento da oitava edición do Eco Rallye A Coruña.
Pola súa banda o sábado, 21 de setembro, haberá dous novos reagrupamientos. Pola mañá os automóbiles se reagruparán na cidade de Betanzos mentres que pola tarde farano no municipio de Carballo.
Ademais, este ano participarán numerosas caras recoñecidas do ámbito do motor, como a do actual campión de mundo, Michal Žďárský, a do piloto do Rally Dakar, Fran Gómez Pallas e outras como a do actor Juan Echanove, gañador de dous premios Goya.