Friday 22 de November de 2024

A XXV edición da Carreira Popular de Santa Uxía honra a memoria de Miguel Ruiz Ribeira 18 de setembro


Hoxe tivo lugar a presentación dunha das carreiras populares con máis madeira da contorna e de Galicia; a “XXV edición da Carreira Popular Santa Uxía 10K” na este ano honrarase a Miguel Ruiz co seu I Memorial. Ruiz foi o gran impulsor desta cita a finais dos noventa do século pasado, gran impulsor do deporte en Ribeira cunha densa traxectoria como responsable do departamento de deportes.

Á presentación compareceron, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o presidente da Asociación de Veciños de Carreira, Moncho Sampedro e os técnicos de deportes do concello.
A Carreira Popular de Santa Uxía vaise a celebrar o vindeiro sábado 28 de setembro e está encadrada no décimo circuíto das carreiras populares da Deputación e no sétimo circuíto da Mancomunidade Barbanza Arousa; as probas comezarán partir das 17:00 h da tarde e contarase con 15 categorías dende nenos menores de seis anos ata a categoría “máster catro” que son os nados antes do 1964, tamén teremos a categoría de “zapatilla inclusiva” para persoas con diversidade funcional que xa é unha realidade en tódalas competicións de Galicia.

A loxística da carreira vai a estar no Malecón, o circuíto (sub 18-máster 4) terá a saída no Mercado Municipal e transcorrerá polo litoral ata a Náutica Pesqueira onde se fará o xiro de volta. A meta estará instalada no Malecón á altura da Cruz Roja.

Vidal aludiu á comprensión da veciñanza “Pedir as desculpas aos usuarios dos vehículos polos cortes do tráfico que haberá un pouco antes do inicio da pobra e ata o final da mesma, a entrega de premios será sobre as 19.30 h” tamén quixo agradecer ao grupo de emerxencias, á policía local e ao GAEM polo seu traballo e esforzo para que a carreira sexa unha realidade.
Pola outra banda Moncho Sampedro, impulsor do I Memorial a Miguel Ruiz puxo en valor a súa figura como principal impulsor da carreira “ foi o que sentou as bases para que esta cita sexa das máis importantes da tempada durante 25 anos”.