Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron na noite de onte, martes 17 de setembro, nun operativo dirixido á extinción dun lume que afectou a un baixo comercial na rúa Agro do Medio, en Milladoiro, no concello de Ames.
A actuación consistiu, en primeiro lugar, na inspección do lugar, observando que o lume está localizado na extracción das secadoras dunha autolavandaría. Despois de desmontar as tubaxes de extracción e apagar o lume con auga, procedeuse a comprobar a temperatura do resto da tubaxe, que estaba dentro de parámetros normais.
Unha vez comprobado que a situación quedou completamente controlada, deuse por rematado o operativo, no que tamén participaron a Policía Local, a Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Ames, así como o GES de Brión e o 061.