Friday 22 de November de 2024

Miño organiza dous talleres gratuítos sobre posparto, lactacións e alimentación complementaria


● Celebraranse o venres 20 e o sábado 21 na aula de formación do Coworking Casa do Pescador.

● As sesións serán impartidas por Paula García Otero, especialista en acompañamento da maternidade e anquiloglosia e asesora de lactación.

● É necesario anotarse previamente na casa do concello ou por teléfono no 981 782 006.

O Concello de Miño organiza, dentro do seu programa Familias en CaMiño, a través do que levan a cabo acciones dirixidas ás familias e á súa contorna, dous talleres gratuítos: un sobre posparto e lactacións e outro sobre alimentación complementaria e método BLW.

O taller sobre posparto e lactacións terá lugar o venres 20 de setembro e celebrarase de 17 a 20 horas, mentres que o de alimentación complementaria e método BLW (Baby Led Weaning) será o sábado 21 de setembro de 11 a 12:30 horas. Ambos serán impartidos por Paula García Otero, especialista en acompañamento da maternidade e anquiloglosia e asesora de lactación certificada.
levarán a cabo na aula de formación do Coworking Casa do Pescador e para participar é necesario inscribirse previamente na casa do concello ou chamando por teléfono ao 981 782 006.