Monday 25 de November de 2024

Incendio de cables eléctricos nunha fachada na rúa Dereitos Humanos, no Concello de Boiro


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ás 11:30 horas desta mañá dun incendio de cables eléctricos nunha fachada na rúa Dereitos Humanos, no Concello de Boiro.

Á chegada procedeuse a realizar unha inspección perimetral do lugar, observando os cables estaban a arder o illante e a producirse uns estrondos ao entrar en corto os cables de baixo tensión, véndose afectado un vehículo que está estacionado xusto debaixo do lume. Unha vez feita unha valoración inicial, realizouse un corte de subministración eléctrica.

Os bombeiros apagaron o lume facendo uso dun extintos de Co2, unha vez apagado procedeuse á entrada do edificio para comprobar que os veciños se atopaban ben, os danos e a existencia de gases tóxicos.

Despois de comprobar que non existían danos, realizouse unha pequena limpeza de cascallos e restos existentes na entrada do edificio.

Completaron o operativo a Policía Local de Boiro e o SMPC de Boiro.