Friday 22 de November de 2024

A Xunta despide os campamentos de verán para persoas con discapacidade que contaron con 250 participantes


A directora xeral de Persoas con Discapacidade visitou último campamento en Gandarío polo que pasaron máis de 100 persoas con discapacidade ao longo deste verán

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe aos participantes da última quenda no campamento específico para persoas con discapacidade que organiza a Xunta no albergue xuvenil de Gandarío, no que participaron 105 persoas este verán.

A directora xeral destacou que no conxunto de Galicia participaron un total de 250 persoas con discapacidade, e que a Xunta xa está a traballar para mellorar aínda máis a oferta para o ano que vén deste importante servizo de conciliación para as familias.