O Concello de Oleiros organiza un novo obradoiro de cociña na Casa da Mocidade Portaberta en Santa Cruz o 20 de setembro.
Está aberto o prazo de inscrición do obradoiro de cociña dirixido a mocidade entre 14 e 30 anos que terá lugar na Casa da Mocidade de Santa cruz, Portaberta.
A data límite para inscribirse no obradoiro de cociña no que se recreará o tradicional bombón xeado en versión trampantoxo é o 15 de setembro.
As persoas interesadas poderán inscribirse a través do enlace ao formulario que segue:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScc5nhsYKLyaNln2NzbsWwbJfA9yxrUTrcuGusVuhfi48LUqg/viewform
Máis información en centrosmocidadeoleiros.wordpress.com, nos correos electrónicos pix.portaberta@gmail.com/pix.aspedras@gmail.com e nos teléfonos 981 614 083 (Portaberta) e 981 977 944 (As Pedras).