Baixo o lema ‘Combina e móvete’, o Concello porá en valor o espazo público compartido, temática escollida pola Comisión Europea para esta edición
As actividades abriranse o luns 16 de setembro ás 13.00 horas no Obelisco coa exposición ‘‘Espazos públicos: antes e agora na Coruña’
O domingo 22 de setembro celebrarase na rúa Manuel Murguía o día sen coches, con actividades lúdico-deportivas
A Coruña celebrará a partir do próximo luns, 16 de setembro, a Semana Europea da Mobilidade 2024 cunha vintena de actividades orientadas á posta en valor do espazo público e a mobilidade sostible. “Trátase dunha cita xa imprescindible no noso calendario coa que buscamos seguir avanzando no cambio do modelo de cidade posto en marcha pola nosa alcaldesa no 2019 cara a unha cidade máis humana” sinalou Noemí Díaz, concelleira de Infraestruturas e Mobilidade.
A celebración da SEM2024, coordinada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, ten como temática para este ano o espazo público compartido de acordo coa proposta da Comisión Europea. Nese sentido, o Concello da Coruña abrirá no Obelisco unha exposición fotográfica baixo o título ‘Espazos públicos: antes e agora na Coruña’ sobre a transformación urbana da cidade, abrindo ás 13.00 horas a SEM2024. “Este Goberno actuou en máis de 30 prazas para reconfigurar e mellorar o espazo público con exemplos tan visibles como a rúa Compostela ou Ramón Cabanillas que deron un novo pulo ao comercio e vida da zona” explicou Díaz.
Nesta edición, o lema escollido é ‘Combina e móvete’ en referencia ás diferentes posibilidades de mobilidade que ten a cidade. Ademais, como é habitual, participarán asociacións vinculadas á temática como Stop Accidentes, Mobi-liza e Galicia Rollers xunto con técnicos municipais e servizos como a Policía Local.
SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE. Combina e móvete! 16-22 de setembro
Durante toda a semana, agás o domingo 22, o Obelisco acollerá os seis postos temáticos en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Ademais estarán presentes tamén dúas exposicións organizadas polo Concello: ‘Espazos públicos: antes e agora na Coruña’ e ‘Calidade do aire’.
Estas dúas combinaranse coas do Centro Integral da Mobilidade (CiMOB) da Coruña e a Policía Local, ademais da organizada por Stop Accidentes sobre autobuses e tranvías no Fórum Metropolitano. Ademais, todos os días dende as 17.00 horas, Afundación terá cita no marco de ‘Pedalear e conversar’ e ata as 19.00 horas, o CiMOB, localizado na Estación de Autobuses, contará coas súas portas abertas para que os veciños da Coruña poidan visitar as instalacións e coñecer de preto o seu traballo.
LUNS 16.
● 11.00-12.30 Campaña `Móvete seguro´ con Stop Accidentes | Praza de Mina ● 13.00 h. Apertura Exposición ‘Espazos públicos: antes e agora na Coruña’ | Obelisco ● A partir das 17.00 h. Rutas didácticas con Mobi-liza e usuarios de Bici Coruña | Obelisco
● 18.00 h. Contacontos infantil e obradoiro de ilustración | Obelisco
MARTES 17.
● 9.30-13.30 horas. `Darlle vida á rúa´ con Stop Accidentes | Sagrada Familia ● 11.00 h. Actividade didáctica coa Policía Local – Colexio Dominicos ● A partir das 17.00 h. Obradoiros de ergonomía, normas de circulación e consellos | Obelisco
● 18.00 h. Contacontos infantil e obradoiro de ilustración | Obelisco
MÉRCORES 18.
● 08.45 a 09.15 h. Distribución de A.N.C.A.S minuto con Stop Accidentes | CEIP San Francisco
● 11.00 h. Actividade didáctica coa Policía Local – CEIP Concepción Arenal ● 13.30-14.00 h. Distribución de A.N.C.A.S minuto con Stop Accidentes | CEIP Prácticas ● A partir das 17.00 h. Rutas didácticas con Mobi-liza e usuarios de Bici Coruña | Obelisco
● A partir das 17.00 h. Obradoiros de ergonomía, normas de circulación e consellos | Obelisco
XOVES 19.
● 09.30-13.45 h. Xornada de debate sobre espazo público | Domus
● 09.50-13.00 h. Percorrido urbano en bici con Stop Accidentes | Colexio Sal Lence ● 11.00 h. Actividade didáctica coa Policía Local | CEIP Wenceslao Fernández Flórez e Sal Lence
● A partir das 17.00 h. Obradoiros de ergonomía, normas de circulación e consellos | Obelisco
VENRES 20.
● Toda a mañá. Paking Day- CEIP Concepción Arenal | Rúa Castro Chané ● 12.00 h. Actividade didáctica coa Policía Local | Residencia Padre Rubinos ● A partir das 17.00 h. Rutas didácticas con Mobi-liza e usuarios de Bici Coruña | Obelisco
● 21.30 h. Saída de María Pita – Friday Mobility Night con Galicia Rollers Domingo 22, Día sen coches na rúa Manuel Murguía
Como remate da Semana Europea da Mobilidade, o Concello volve organizar unha edición do día sen coches con diversas actividades lúdicas e deportivas co obxectivo de concienciar sobre a capacidade do espazo público de albergar actividades para a cidadanía.
Nos últimos anos o desenvolvemento da cita tiña lugar na rúa de San Andrés. Por mor das obras de humanización, este ano 2024 terá lugar na rúa Manuel Murguía.