Friday 22 de November de 2024

Reiníciase o programa social “Coidando Emocións”, dedicado a persoas coidadoras


Un dos máis importantes programas de atención aos coidados en Oleiros ten que ver co que se lle presta ás persoas que coidan a outras persoas e que precisan un apoio emocional, un respiro de socialización e relax para facer fronte ás súas responsabilidades cotiáns.

Trátase de “Coidando Emocións” e “O paseo dos sentidos”, en total 11 sesións ata fin de ano, os mércores de 4 a 6 da tarde. Coidando emocións ten lugar o 11 e o 25 de setembro, o 9 e o 23 de outubro, o 6 e o 20 de novembro e o 4 e o 18 de decembro, mentres o paseo dos sentidos terá lugar o 16 de outubro, o 13 de novembro e o 11 de decembro. No programa participan un total de 19 persoas coidadoras.

Se algunha persoa coidadora quere incorporarse a este programa, só ten que entrar en contacto cos Servizos Sociais de Oleiros a través da centraliña municipal (981 610 000).