Os bombeiros do parque Provincial de Santa Comba foron alertados na xornada de onte, 11 de setembro, da existencia dun niño de velutina nun beirado dunha vivenda unifamiliar no lugar de Vilariño, parroquia de Corneira, no concello de A Baña.
Este elemento estaba situado a unha altura aproximada de 6 metros e tiña 15 centímetros de diámetro, non sendo posible acceder cos vehículos pero si coa escaleira de dous tramos.
Procedeuse á colocación deste mecanismo e, unha vez alí, procederon a envolver o niño na bolsa do lixo e a despegalo do teito, caendo dentro. Para rematar o operativo procedeuse a asperxer a zona co produto correspondente.