Friday 22 de November de 2024

Obradoiro do corpo, para o empoderamento persoal e colectivo


O mércores 11 de setembro volve o Obradoiro do Corpo! Unha actividade corporal deseñada para mulleres coa que se busca o empoderamento persoal e colectivo de forma integral. Para isto, foméntanse hábitos de vida saudábeis, ao tempo que se favorece unha maior vida en comunidade, coa finalidade de establecer unha rede de apoio mutuo entre as mulleres participantes.

O Obradoiro do Corpo realizarase todos os mércores entre o 11 de setembro e o 18 de decembro, e está dirixido a mulleres menores de 60 anos.

As interesadas en participar, poden inscribirse a través da páxina web do Concello do 2 ao 8 de setembro, no apartado Participa!, na categoría Actividades sociais. É posible solicitar máis información no 981 60 00 00 ou a través do correo electrónico igualdade@oleiros.org.